Deseño de identidade e packaging para un sinxelo de promoción e venda en formato vinilo de 7 polgadas.
Trátase dun avance do novo disco dun consagrado solista de Hip Hop que fusiona o seu estilo cun grupo de Jazz. As cores vermella (forza, intensidade) e azul (harmonía, elegancia) representan a estes dous estilos musicais e o recurso da sobreimpresión acentúa a súa unión e afinidade.
Todo o soporte gráfico está ecolóxicamente certificado e foi deseñado para a súa impresión mediante serigrafía.
Mais información sobre o disco orixinal.
*Se tamén es deseñador/a podes descargarte o desenvolvemento completo deste traballo na sección de descargas.